viernes, 19 de junio de 2015

Premio a o mellor Proxecto Universitario con licenza libre

O Coordinador da Oficina de Software Libre [1] do CIXUG [2] presenta o Premio ao mellor Proxecto Universitario con licenza libre [3], organizado pola oficina en colaboración coa AMTEGA [4] a través de mancomun.org [5].

Gustaríanos que o tiveran presente en aqueles proxectos, ou traballos de fin de grao, que teñan que tomar unha decisión en canto á liberación do mesmo, ou o uso dunha ferramenta libre ou privativa. O prazo de inscrición remata o 30 de setembro.

As dúas condicións principais que deben cumprir os/as interesados/as en participar son as seguintes:
  1. Que sexa realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
  2. Que o software desenvolvido sexa liberado baixo unha licenza libre entre as recoñecidas como tal, pola Free Software Foundation [6] ou a Open Source Initiative [7].

Pode consultar con máis detalle as bases [8] da VIII edición, no que hai un primeiro premio de 1.500 €, e un segundo de 750 € patrocinado pola asociación GPUL [9].


[1] http://osl.cixug.es/
[2] http://www.cixug.es/
[3] http://mancomun.org/premiopfc
[4] http://amtega.xunta.es/
[5] http://mancomun.org/
[6] http://www.gnu.org/licenses/license-list.html#SoftwareLicenses
[7] http://www.opensource.org/licenses
[8] http://www.mancomun.org/no_cache/premiopfc/bases/
[9] http://www.gpul.org/