miércoles, 5 de noviembre de 2008

Jornadas de sowtware libre (13 y 14 de noviembre)

Organizadores Oficina de Software Libre (OSL) da Universidade da Coruña (UDC)

Datas e hora13 de novembro de 18:00 a 21:00 horas
14 de novembro de 18:00 a 21:00 horas

As dúas sesións son independentes, de forma que se vai repetir o mesmo en cada unha delas.

Lugar de Celebración Planta 0 da Facultade de Informática (FIC), Campus de Elviña s/n, Universidade da Coruña
150071, A Coruña

Resumo Obradoiro incluído dentro das actividades da Semana de Ciencia co título "Para que pagar por algo que o tes libre e gratuíto. Proba o Software Libre", no que trata de acercar o mundo do Software Libre ao público en xeral.Tratarase de facer un curso-taller no que se anima a que cada participante traia o seu portátil ou PC para instalar nel un sistema operativo (SO) libre que de soporte ao resto de aplicacións libres. O SO elixido é o recentemente publicado Ubuntu 8.10 Intrepid Ibex.Este proceso non suporá a eliminación do SO anterior nin dos datos almacenados, permitindo a posteriori un arranque dual no que se poida elixir o SO co cal se desexa interactuar. Trala instalación farase un percorrido polas opcións de configuración máis interesantes, como é a configuración - tanto por cable como sen fíos - da rede, elección de idioma, xestión actualizacións, instalación de novos programas, etc. Todo elo de forma gráfica, interactiva e moi sinxela.Por último farase unha breve introdución aos programas de uso común: navegadores web, ofimática, tratamento de imaxes, xestor de arquivos e reprodutores multimedia.Todo o proceso será dinámico e entretido. Iranse atendendo as dúbidas e as cuestións particulares de cada asistente.O evento estará aberto a todo o público, tanto universitario como non. O nivel de coñecementos informáticos recomendado é de usuario novel. Con simples coñecementos de manexo de aplicacións informáticas é máis que suficiente.

Programa
1. Introdución ao Software Libre
2. Instalación de Ubuntu 8.10 Intrepid Ibex
3. Configuración do SO instalado
4. Introdución a aplicacións libres
5. Operacións básicas
6. Dúbidas e inquietudes

Recomendaciónsa. Darse da alta no evento, para así ter nos unha estimación da xente que vai vir. Para elo, por favor, cubrir o seguinte o formulario (http://softwarelibre.udc.es/SDC) do evento na web da OSL, ou ben, chamar ao 981167000 extensión 5506 de luns a venres entre 8:00 e 15:00. b. Se vas a acudir a charla co teu PC ou portátil, non te esquezas de traer tamén os periféricos e máis o cable de alimentación. Para unha maior seguridade recomendamos facer unha copia de seguridade dos datos persoais (documentos, fotos, imaxes, videos...) antes de abordar a instalación dun novo sistema operativo. Aínda que na práctica totalidade dos casos estes datos non son alterados, mais vale previr. A maiores recomendamos facer unha desfragmentación previa do disco duro.

Datos dos organizadores
Páxina web: http://softwarelibre.udc.es/
Teléfono: (+34) 981 167 000 Ext. 5506
Correo electrónico: softwarelibre@udc.es
Dirección Oficina Software Libre (OSL) Planta 1 do edificio CITIC, Campus de Elviña s/n Universidade da Coruña 15071 A Coruña España