jueves, 13 de noviembre de 2008

Xornadas de Introducción a GNU/Linux e Software Libre para novos alumnos 2008

Un ano máis, GPUL organiza unha actividade orientada aos novos alumnos desta facultade.
Dende GPUL cremos que estas actividades poden resultar moi interesantes para os alumnos xa que proporcionan unha necesaria introdución a un entorno moitas veces aínda descoñecido, e que lles será necesario e útil durante a súa estancia na facultade.

As actividades levaranse a cabo na Facultade de Informática do Campus de Elviña do 10 ao 13 de novembro.

Non é preciso inscribirse e, por suposto, a asistencia é gratuita.