O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, no marco do convenio asinado coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica organiza os días 12 e 13 de marzo un curso de Peritaxes e Informática Forense que se levará a cabo no Hotel GH Santiago en Avda. Maestro Mateo s/n, Santiago de Compostela.
Este curso, gratuíto para colexiados e precolexiados, constitúe a iniciación ao mundo legal e xudicial da Peritaxe e Informática Forense. Ter realizado formación complementaria sobre práctica forense é un requisito imprescindible (xunto con estar colexiado) para formar parte do Corpo Oficial de Peritos Informáticos do CPETIG.
O obxectivo da acción é coñecer os novos avances que na instrución legal e no valor probatorio se deron nos últimos anos así como afondar no coñecemento das últimas novidades lexislativas no eido da informática.
Este curso de inicio ten unha duración de 8h e forma parte da programación da Aula de Formación e Capacitación Profesional do CPETIG.
Mais info.: http://www.cpetig.org/blog/?p=510#more-510