viernes, 22 de octubre de 2010

Instal Party Ubuntu (Fórum Metopolitano A Coruña. 27 outubro)

A Oficina de Software Libre da UDC organiza o día 27 de outubro as 17:00 unha Install Party do sistema operativo Ubuntu 10.10 aberta ao público en xeral no Fórum Metropolitano de A Coruña.

Durante este obradoiro o persoal da OSL axudará e guiará a todos os asistentes a instalar e configurar nos seus portátiles o recen saído GNU/Linux Ubuntu 10.10 co fin de amosar o sinxelo que é realizar a instalación e a rapidez coa que é posible comezar a gozar de todas as aplicacións libres, gratuítas e legais dispoñibles para o seu uso a un simple golpe de rato.

Todo aquel que queira coñecer de primeira man o funcionamento de Ubuntu 10.10 sen medo e da man de expertos na materia que non dubide en inscribirse neste obradoiro gratuíto. Só hai 25 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

Para inscribirse acudir a: http://softwarelibre.udc.es/Install