A Oficina de Software Libre (OSL) da UDC organiza unhas segundas Xornadas sobre Software Libre e GNU/Linux aberto a todo o público, pero especialmente destinado a membros da Universidade da Coruña.
Trátanse dunhas xornadas cun enfoque xeral e práctico sobre o software libre, centrándonos especialmente nos sistemas operativos GNU/Linux. A xornadas terán lugar na Aula.Master na planta 0 da Facultade de Informática do Campus de Elviña os días 1, 2 e 3 de decembro a partires das 16:30 h. Dividíronse as xornadas nas seguintes sesións, de 4 horas de duración cada unha:
Día 1 (16:30 - 20:30 h)
* Conceptos básicos
* Un pouco de historia
* Que é GNU/Linux?
* Vantaxes
* Distribucións e Escritorios
Día 2 (ven co teu portátil e libérao) (16:30 - 20:30 h)
* Instalando dende Windows
* Particionando o disco
* Instalación de GNU/Linux Ubuntu 10.10
* Configurando o noso novo equipo
Día 3 (16:30 - 20:30 h)
* Que son os repositorios?
* Conseguindo novas aplicacións de forma sinxela e áxil
* Introdución aos novos programas
* Alternativas libres a aplicacións privativas
As xornadas son gratuítas.
Entrégase certificado de asistencia e aproveitamento das xornadas (12 horas).
Para máis información e inscrición http://softwarelibre.udc.es/Xornadas