A Oficina de Software Libre da UDC organiza tres cursos abertos ao público xeral e gratuítos de 10 horas de duración cada un. Durante estes cursos farase unha presentación global das distintas aplicacións ademais de como conseguilas e instalalas. Os cursos estarán orientados de forma práctica polo cal o alumno realizará diariamente exercicios que faciliten o aprendizaxe da aplicación.
Nesta edición os cursos ofertados son:
Introdución a Libreoffice Writer
Introdución a Libreoffice Calc
Introdución ao retoque dixital e ao deseño gráfico con ferramentas libres
Todo aquel que queira coñecer o funcionamento destas aplicacións libres e multiplataforma que non dubide en inscribirse en calquera destes cursos . Só hai 10 prazas dispoñibles en cada un que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.