jueves, 3 de octubre de 2013

Curso sobre protección de invencións implementadas por ordenador (FI-UDC, 29-30 de octubre)

Estes cursos están organizados dentro do programa "Aula de Innovación e Transferencia", coordinado pola Vicerreitoría de Innovación e Transferencia da UDC, e organizado pola OTRI, a Fundación Universidade da Coruña, o CITIC e o Consello Social. 

Curso sobre protección de invencións implementadas por ordenador, 29-30 de outubro (10 horas), aula 2.3b da Facultade de Informática, Campus de Elviña.
 
Proporcionarase unha visión das diferentes modalidades de protección das invencións implementadas por ordenador.
 
Será impartido por técnicos especialistas deste sector da axencia da propiedade industrial ZBM Patents and Trademarks.
 
Información completa da xornada e formulario de inscrición: http://www.udc.es/otri/aula/proteccion/Curso-proteccion-software.HTML

----------
NOTA.: Este curso está dirigido a PDI de la UDC