---
Dende a Oficina de Software Libre (http://osl.cixug.es) comprácenos anunciar que mañana día 2 de outubro, imos organizar unha xornada para presentar o proxecto Adtlántida.tv (sistema de radiotelevisión libre) na UDC. O acto terá lugar no seminario 2 da Facultade de Ciencias da Comunicación as 17:00.
O proxecto será presentado polos seus responsables, que se encargarán de amosar a versión Alpha 1 da mediateca de Adtlántida.tv, así como a versión en desenvolvemento do sistema de streaming e a rede de apps de Adtlántida.tv. Tamén falaráse doutros temas referentes a Adtlántida.tv como son o crowdfunding, o software libre, a liberdade de contidos, a publicidade e a acción en rede e comunitaria.
As persoas que querian máis información ou estean interesadas en inscribirse deben acudir a seguinte ligazón:
http://osl.cixug.es/xornada-
Dende a OSL invitámoste a acudir e a coñecer un pouco máis a fondo este proxecto e o seu desenvolvemento.