O GPUL (Grupo de Programadorxs e Usuarixs de Linux) organiza o vindeiro luns día 24 ás 18:30 na aula 2.6w unha charla que pode ser moi interesante para vós, que estades preto de rematar a carreira, depositar o voso TFG e saír ao mercado laboral.
Na charla falarase do futuro laboral dende unha perspectiva un pouco diferente á tradicional, e tamén se presentarán os premios aos que se pode optar cando se licenza o TFG baixo unha licenza libre, como é o caso do Premio ao mellor proxecto universitario libre. Na páxina de Meetup do GPUL pódese atopar máis información.